Publicador de contidos

Publicador de contidos

Menos de dez días para o sorteo de prazas nos campamentos de verán

Menos de dez días para o sorteo de prazas nos campamentos de verán

A oferta de actividades estivais supera as once mil duascentas prazas este ano en Galicia

A convocatoria para acudir aos campos de voluntariado segue aberta 

G24.gal 13/05/2023 14:49 Última actualización 13/05/2023 15:15


Que mellor xeito de pasar o verán que facendo novos amigos, practicando deporte e ao mesmo tempo aprendendo coñecementos e valores en plena natureza. É a oferta estival de campamentos e campos de voluntariado para os que ese ano a Xunta presenta máis prazas ca nunca, máis de once mil.

"Á parte de tempo libre, diversión e por suposto de infinidade de actividades que van dende as máis coñecidas como as náuticas, pero tamén de multiaventura, de índole tecnolóxica, musical, astronómica... hai un pouquiño de todo. E despois sempre se traballa a adquisición de valores", manifesta Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude da Xunta.

Os rapaces de nove a dezasete anos, para os que van dirixidos os campamentos de verán, están agora pendentes do sorteo de prazas, dado o alto número de solicitudes que se produciu este ano, e xa se coñece a data. Será o vindeiro vinte e dous de maio, segundo avanzou a directora xeral de Xuventude.

Para os mozos de entre dezaoito e trinta anos a oferta céntrase nos campos de voluntariado. Estes xa teñen aberta a súa convocatoria, que se pode consultar por Internet ("xuventude.xunta.es) e, ademais de noutras comunidades e mesmo no estranxeiro, este ano ofrécense novas posibilidades en Galicia.

"Este ano temos un campamento novo, na Illa de San Simón. É a primeira vez que se oferta dende a Xunta un campamento alí. E tamén campos de voluntariado novos en Pantón, en Viana do Bolo, en Santa Comba e outro compartido entre Allariz e Vilar de Santos", confirmou Cristina Pichel.

"O verán que sempre vas lembrar" é a promesa que protagoniza a campaña de actividades para este ano, e polas experiencias recollidas anteriormente, de seguro que desta vez tamén se cumpre.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade