Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellan unha rede en Cáceres que cobrou 200.000€ por facer compaña espiritual

Desartellan unha rede en Cáceres que cobrou 200.000€ por facer compaña espiritual

Hai catro detidos e unha decena de vítimas, a maioría procedentes de países de América do Sur e América Central

A rede presuntamente estafaba persoas en situación de vulnerabilidade, que eran sometidas a unha manipulación psicolóxica

Aos catro detidos impútanselles presuntos delitos de estafa, asociación ilícita, coaccións e branqueo de capitais

G24.gal 14/12/2025 11:04 Última actualización 14/12/2025 14:37

A Garda Civil desmantelou unha organización criminal en Navalmoral de la Mata, en Cáceres, que estafaba persoas en situación de vulnerabilidade por medio dunha suposta actividade espiritual.

A rede criminal cobrou 200.000 euros nun ano por realizar un suposto acompañamento espiritual para superar situacións adversas. Hai catro detidos e unha decena de vítimas, a maioría procedentes de países de América do Sur e América Central.

As vítimas eran sometidas a unha manipulación psicolóxica e emocional para obter achegas económicas obrigatorias. Os ingresos realizábanse principalmente a través de Bizum.

Aos catro detidos impútanselles presuntos delitos de estafa, asociación ilícita, coaccións e branqueo de capitais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade