Publicador de contidos

Publicador de contidos

Membros de Alcohólicos Anónimos danlle visibilidade á superación da adicción no Camiño de Santiago

Membros de Alcohólicos Anónimos danlle visibilidade á superación da adicción no Camiño de Santiago

Un grupo de idades de entre 78 e 26 anos percorre a ruta portuguesa para mostrar que superar o alcolismo é posible 

Membros de Alcólicos Anónimos no Camiño Portugués, en Valga, este xoves pola mañá
G24.gal 28/04/2022 14:03

Puxéronse ao camiño de Santiago cun plan: romper co estigma que supón a concepción xeneralizada de que quen sofre alcoholismo é só un borracho e divulgar aos catro ventos que superar esta  enfermidade é posible.

"Que a xente saiba que existimos, que hai grupos en toda España, que un pode recuperarse do alcoholismo, e que nos ven e ven persoas recuperadas, sas e alegres e felices. Creo que é unha mensaxe importante para quen nos vaia coñecendo polo camiño". "Foi unha experiencia única que só pasa cando saes da casa. Deixas o espazo de confort e vives estas cousas que ás veces custa arrincar, pero, unha vez que o fas, chegas encantado", di unha integrante da comunidade de Alcohólicos Anónimos.

 
En Santiago vanse xuntar con máis nun foro na fin de semana. Forman este grupo persoas que superaron o alcoholismo de distintas procedencias e idades diversas, desde os 78 aos 26 anos. Este último nun coche vasoira para presentarse en concellos, centros de saúde, comisarías... e transmitir que poden acudir a eles quen queira saír da enfermidade. Fano falando en primeira persoa.
 

"Non todo o mundo é alcohólico. Está claro que moita xente bebe a súa cervexiña e deixa media cervexa e vaise. Pero hai xente coma min que tiña un problema co alcol; era empezar e non saber parar. E, logo, as consecuencias que me traía na miña vida, que iso era o peor. E non só a min; á miña familia e ao meu círculo. A mensaxe é que se pode, si se pode. Porque se quedamos coa mensaxe da sociedade que se de festa, que por unha non pasa nada. E é unha mensaxe moi equivocada para alguén que ten unha enfermidade que é o alcoholismo". di outro membro de Alcohólicos Anónimos.

 
Engade que quen chega á comunidade coa pretensión de facerlle fronte ao alcoholismo vai ter o apoio de todos e sentirase compartindo o que para estes camiñantes foi a enfermidade tamén considerada un trastorno da soidade.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade