Megasa paraliza a fundición ante os prezos da enerxía e a incerteza do mercado
A situación arrastra as empresas da construción, que xa estudan medidas para evitar crebas
A escalada de prezos da luz, o gas e os hidrocarburos afoga as empresas con máis dependencia destas fontes de enerxía. É o caso da principal siderúrxica galega, Megasa, que paraliza o seu forno
Únese así a outras empresas siderúrxicas españolas. Pero a escalada de prezos que está provocando a guerra en Ucraína agrava tamén a situación das empresas da construción co aluminio, o cemento ou a cerámica en prezos máximos.
O sector mira o futuro con preocupación. Para evitar a creba de moitas empresas ven imprescindible poder recorrer á paralización dos contratos en vigor e mesmo botar man dos ERTE. Anuncian unha parada de sectores en cadea se a situación se mantén no tempo.