Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural lembra a obriga de ter limpas e rozadas as faixas secundarias

Medio Rural lembra a obriga de ter limpas e rozadas as faixas secundarias

O 93 % dos concellos asinaron o convenio coa Xunta para protexer os núcleos de poboación e as vías de comunicación ante o risco de incendios forestais

G24.gal 02/07/2026 14:14

No visor de faixas os usuarios poden consultar cales son eses perímetros -arredor dos núcleos de poboación e das estradas-, esas faixas de terreo que os propietarios deben manter limpas de maleza e de especies como eucaliptos, piñeiros ou acacias.

292 concellos asinaron o convenio coa Xunta que permite o apoio de Seaga nos labores de limpeza. Como normal xeral, os operarios da empresa pública poden encargarse de 10 ha de superficie e 12 quilómetros de vías en cada concello que o solicite.

"Unha faixa de proteción de 50 metros arredor do núcleo rural. E hai que ter esa faixa o máis limpa posible para evitar que chegue o lume ás casas", explica Javier Tubío, capataz agroforestal de Seaga.

Medidas de prevención, insisten, que cobran máis importancia para protexer vidas humanas ante a chegada dos denominados incendios convectivos, que adquiren unha maior complexidade na extinción.

O convenio establece 276 parroquias priorizadas polo alto risco de incendio. Nesas parroquias en especial, os particulares poden solicitar que Seaga limpe os terreos que teñan dentro da faixas.

"O titular do terreo vai ao concello co DNI e entón nunha aplicación o técnico do Concello xa ve a relación das parcelas afectadas. E así o propietario podería formalizar o contrato a un prezo subvencionado, que son 420 euros por hectárea", detalla Javier Tubío.

A normativa quere favorecer a limpeza  para concellos pequenos e despoboados con escaseza de recursos ou cando hai dificultades para localizar os propietarios. O incumprimento da lei leva aparelladas medidas de sanción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos