Cargando resultados...
A unidade galega de apoio a Atención Primaria realizou 38.000 consultas en dous meses
A unidade conta nestes momentos con 20 traballadores, que contan con ampliar a 50 antes da fin do ano
G24.gal
02/07/2026 14:45
A unidade de apoio a Atención Primaria realizou en dous meses 38.000 consultas e emitiu 800 informes de dependencia. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou esta mañá a unidade situada no Hospital Psiquiátrico de Conxo. Nesta unidade traballan na actualidade 20 técnicos de saúde, e o obxectivo é que a finais de ano haxa un total de 50 profesionais.