Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido un incendio nunha das illas Alvedosas, en Soutomaior

Extinguido un incendio nunha das illas Alvedosas, en Soutomaior

O lugar está deshabitado e o lume non supuxo risco ningún para as persoas

G24.gal 01/07/2026 17:15 Última actualización 01/07/2026 17:24

Un incendio declarouse este mércores nunha das illas Alvedosas, pertencentes a Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior.

Comezou arredor da unha e media da tarde e quedou extinguido sobre as catro menos cuarto.

As illas Alvedosas son en realidade dous pequenos illotes rochosos deshabitados situados na desembocadura do río Verdugo.

O afectado por este incendio ten unha superficie duns 4.000 metros cadrados.

Ao non ter acceso por terra, a extinción tivo que facerse por medios aéreos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade