Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área sanitaria de Ourense fixo medio millón de probas PCR en dous anos

A área sanitaria de Ourense fixo medio millón de probas PCR en dous anos

Lucía recibiu un diploma no covid auto do CHUO por ser a paciente número 500.000

G24.gal 27/03/2022 14:38

Cifra de marca na área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras. Este domingo fixeron a PCR número 500.000 na provincia. Medio millón de probas en dous anos moi intensos para o persoal sanitario. Un tempo en que os procesos e a velocidade para ter os resultados melloraron moito.

Lucía ten unha pequena intervención cirúrxica o martes e hoxe foi ao covid auto do hospital de Ourense para facer unha PCR. Vaia sorpresa levou cando lle fixeron a entrega do diploma por ser a paciente número 500.000.

Catro días despois de que se decretara o estado de alarma, Susana e outra enfermeira deixaron os seus labores habituais e comezaron a facer probas neste covid auto. Os inicios foron moi complicados.

Probas a domicilio, cribados en grandes recintos, en residencias de maiores... A organización foi un reto que conseguiron coa colaboración de todo o persoal sanitario.

Hai dous anos os positivos tiñan que mandalos a Madrid para confirmar. Tampouco daban abasto para analizar as PCR que se facían nos cribados masivos. Agora no CHUO xa son autosuficientes e mesmo detectan as diferentes variantes.

Hoxe o ritmo diminuíu moito. Atrás quedan as imaxes de grandes ringleiras nos peores momentos da pandemia, agardemos que para sempre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos