Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medidas de prevención dos roubos en vivenda sen moradores por vacacións

Medidas de prevención dos roubos en vivenda sen moradores por vacacións

Non expoñer nas redes socias o seu plan de viaxe e facer ver que a casa teña aparencia de habitada, dúas actitudes relevantes

A maior parte dos roubos en pisos e casas teñen como obxectivo xoias e cartos
G24.gal 22/07/2025 13:15

A posta en práctica de hábitos seguros para evitar roubos no fogar, como pechar portas con chave e non deixar ventás abertas ao saír dela, debe ser unha constante cotiá, sobre todo nos casos en que a ausencia é por varios días.

Sabendo que o ladrón sempre buscará o momento cando non vai haber ninguén na vivenda, cómpre non deixar evidencias de que a casa queda baleira. 

Nas redes tamén é importante non amosar a nosa ausencia, pois os ladróns poderían ternos vixiados tamén por esas vías. Así fala disto o sarxento da Policía Xudicial na área de patrimonio Jose Luis Saavedra López.

"O sistema de peche, deixalo accionado sempre, deixar indicios de que na casa hai moradores, e nas redes sociais é moi importante todo o ano", afirma Saavedra López.

Pero non só os donos do domicilio son os que poden previr isto, pois a acción preventiva tamén pode vir de veciños da comunidade e de quen se encarga de tarefas como a limpeza das escaleiras.

"Por exemplo, que cando recolla ou enrole a alfombra ou o felpudo para fregar, que logo o volva poñer na posición normal, e non abrirlle a porta a alguén alleo ao inmoble", explica o sarxento Saavedra.

E se cando volve ao fogar observa que puido sufrir un roubo, Garda Civil e policía recomendan non destruír probas e chamalos de inmediato.

Tamén nos casos en que se observe unha clara manipulación dos obxectos, cando o mellor é non manipular nada.

Outros consellos para ter en conta poden ser ter unha persoa de confianza encargada de retirar o correo e visitar a vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade