Médicos e familiares reclaman a especialidade de oncoloxía pediátrica
Cada ano se diagnostican en España 1.500 cancros en menores de 14 anos
O seguimento continuado dos doentes e o máis importante para evitar secuelas
Cada ano se diagnostican en España 1.500 cancros en nenos, dos que o 81 por cento sobrviven.
Hoxe, Día Internacional do Neno con Cancro, familias de doentes e médicos celebraron un acto no hospital de Santiago no que reiteraron a importancia do diagnóstico precoz e, sobre todo, dun seguimento continuado dos pacientes para evitar efectos secundarios da doenza. Asociacións de familiares e profesionais reclaman como fundamental a creación da especialidade de oncoloxía pediátrica.
"Trátase dnha especialidade que está en constante cambio, tremendamente complexa, suxeita a avances diagnóstico- terapéuticos que require sen ningunha dúbida a existencia dunha especialidade", explicou Manuel Fernández Sanmartín, coordinador da Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Hospital de Santiago
"Queremos visibilizar a necesidade de ter uns profesionais especialmente cualificados en todas as etapas do cancro infantil", leu, en nome da asociación de familiares de Galicia,
Leire Rodríguez, irmá dun neno enfermo de cancro.