Publicador de contidos
Publicador de contidos

McLemore xa sabe que o derbi ante o Obradoiro, é un partido diferente

McLemore xa sabe que o derbi ante o Obradoiro, é un partido diferente

En dez partidos co Breogan, McLemore promedia algo máis de 14 puntos por encontro

Foto @CBBreogan
G24.gal 19/03/2024 16:21 Última actualización 19/03/2024 16:28

No Breogán, o home a seguir é Ben McLemore. A súa actuación no Palau foi clave para que o equipo puidese dar a sorpresa ante o Barcelona. En dez partidos co Breogan, McLemore promedia algo máis de 14 puntos por encontro. A McLemore xa lle contaron que o do sábado, ante o Obradoiro, é un partido diferente.

"Sabemos que perderon dez partidos seguidos. Tentaremos ser agresivos, eles serán agresivos".

Será un partido con connotacións especiais e cun rival en situación límite.

"Temos que igualar esa enerxía. Competir posesión a posesión, saír e gañar o partido".

Sar estará cheo. Xa non quedan entradas á venda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos