Réplicas en miniatura das casas das súas vidas
Mayka Garrido converte casas en miniaturas no seu estudio de Redondela
Quería facer unha casa coma a da súa avoa, non atopou quen lla fixera e decidiu aprender a facer estas miniaturas
Pronto foron chegando os encargos
Por nostalxia, comezou facendo miniaturas para o seu círculo máis cercano. Hoxe, Mayka Garrido recibe encargos de familias que lle piden réplicas das casas das súas vidas.
A autora prefire non chamarlles maquetas.
"Son dioramas, porque representan unha escena", di Mayka Garrido
E son escenas con personaxes que se reñocen pola cor do pelo ou pola roupa. Ela parte moitas veces de fotos e logo vai pintando as casas e as figurasen función do que ve. É un traballo do máis minucioso.
"A escala 1/87 poden ser de dous centímetros, as figuriñas. A escala 1/150 non chegan a un centímetro", explica dende o seu estudio en Redondela
Non tardaron en chegar os encargos de fóra da propia casa. Agora ten un encargo de cinco casas en miniatura iguais para agasallar, para repartir entre a familia.
"Sempre é moi emotivo, porque volves ver a casa que ao mellor xa non existe", celebra Mayka
O instrumento que máis usa son as pinzas de reloxeiro. Con elas traballa a nostalxia.