Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rehabilitación da cúpula dos Escolapios de Monforte, vista de preto

A rehabilitación da cúpula dos Escolapios de Monforte, vista de preto

Un equipo da TVG tivo a oportunidade de subir á cúpula, erguida en 1619, para ver como avanza a restauración

A obra ten un orzamento de medio millón de euros e está previsto que estea finalizada este ano

G24.gal 30/09/2025 21:24

Erguida no ano 1619, a cúpula da Igrexa dos Escolapios constitúe un emblema da rica historia arquitectónica de Monforte. Sempre a contemplamos desde a distancia, pero inmersa nos traballos de restauración, a TVG tivo a oportunidade de ascender 40 metros e achegarse á súa impoñente silueta.

Leva 400 anos soportando o sol e as xeadas de Monforte. Agora, agochada entre os andamios a cúpula da Igrexa dos Escolapios xa loce outra cara. Testemuña da historia, leva consigo varias marcas: o tremor de Lisboa de 1755 deixou dúas grandes fendas na súa estrutura e nos anos 80, un raio tamén se fixo sentir.

A máis de 40 metros do chan, o balaustre, o cupulino e a frecha de remate son as partes esculpidas da obra que precisaron un proxecto por parte dos restauradores tanto de limpeza como de reposición.

A cúpula estreará ventás de madeira cun novo sistema que con cristais fixos permita circular o aire e non crear condensación. O proxecto segue en marcha cun presuposto de 572.000 euros e estímase que estea rematado co ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade