Publicador de contidos

Publicador de contidos

De casarío en ruínas a exclusivo complexo enoturístico en Quiroga: Joaquín Torres volve a Galicia

De casarío en ruínas a exclusivo complexo enoturístico en Quiroga: Joaquín Torres volve a Galicia

Torres, que traballou para famosos como Bardem, Cristiano Ronaldo ou Alejandro Sanz, regresa a Galicia para devolverlle a vida á Casa de Outeiro

Emprendedores locais e unha comunidade de investidores impulsan este proxecto tractor para a economía da comarca

Os promotores participan tamén doutro proxecto internacional no xeoparque do Courel para facer a maior ponte colgante de España

Fachada da Casa de Outeiro, que será reconstruída como hotel con adega privada
G24.gal 24/10/2025 13:53

O derruído casarío Casa de Outeiro que outea o val de Quiroga custodia seis séculos de historia.

Un símbolo da comarca agora en ruínas que rexurdirá como un exclusivo complexo enoturístico da man do recoñecido arquitecto de orixe galega Joaquín Torres e o seu socio Rafael Llamazares, do Estudo de Arquitectura e deseño A Cero.

"Da mesma maneira que o Guggemheim cambiou Bilbao queremos que isto cambie a zona, que sexa un lugar para vir e que a arquitectura sexa o seu reclamo". 

Sobre os muros señoriais da Casa de Outeiro erguerase un novo fito arquitectónico, inspirado nos viñedos que a rodean, cun deseño aberto á paisaxe. 

"Case ausencia do material, o vidro vai estar moi presente, pero obviamente preservando o que é a esencia", conta o arquitecto Joaquín Torres.

O proxecto ten un orzamento de cinco millóns de euros, impulsado por empresarios rurais a través dunha comunidade de pequenos e grandes investidores.

"Imos xuntar unha comunidade de 250 investidores e crear un fondo para contribuír e xerar impacto positivo na comarca, que veñan emprendedores ao territorio", explica Juan Luis Vázquez, director do grupo Tourgalia, sobre o establecemento de luxo que contará con "dez cuartos, con restaurante,  salón de eventos, spa e zona de enoturismo con varios miradoiros".

Os promotores participan tamén doutro proxecto internacional no xeoparque do Courel para facer a maior ponte colgante de España que atravesará o Monumento Natural do Pregamento de Campodola.

Torres é coñecido polos proxectos que realizou para numerosos famosos, como pode ser o caso de Javier Bardem, Cristiano Ronaldo,  Alejandro Sanz, Borja Thyssen, Elsa Pataky ou Luis Alfonso de Borbón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade