Publicador de contidos
Publicador de contidos

Martín Gayo renova co Frigoríficos ata o 2026

Martín Gayo renova co Frigoríficos ata o 2026

Moyano: “É un xogador moi importante para nós. A pesar da súa mocidade entende perfectamente o noso sistema de xogo"

G24.gal 17/04/2024 16:59 Última actualización 17/04/2024 17:09

O lateral dereito Martín Gayo ampliou dous anos máis, ata xuño de 2026, o seu contrato co Frigoríficos do Morrazo, ao que chegou no verán de 2019 procedente do Seis do Nadal.

“Martín é un xogador que representa á perfección os valores do noso club: compromiso, talento galego e mocidade. Por iso, estamos moi contentos de que siga connosco”, declarou o presidente do Frigoríficos, Alberto González.

O xogador, de 23 anos, é un dos fixos no sete inicial do técnico Nacho Moyano. No presente campionato Gayo suma 49 goles en 21 partidos (2,33 de media por encontro), polo que ten ao seu alcance o seu récord de goles na liga Asobal (65 no curso pasado).

“É un xogador moi importante para nós. A pesar da súa mocidade entende perfectamente o noso sistema de xogo e, cando se atopa cómodo, é un xogador diferencial”, destacou o seu adestrador.

Coa renovación de Martín Gayo, o Frigoríficos do Morrazo pecha o posto de lateral dereito para o curso 2024-25 porque ao internacional caboverdiano Rafa Andrade réstalle un ano de contrato coa entidade galega.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos