Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marnotes: "Eu gocei dos éxitos do Deportivo. O meu corazón foi branco e azul"

Marnotes: "Eu gocei dos éxitos do Deportivo. O meu corazón foi branco e azul"

O presidente do Arenteiro falou na previa da visita do conxunto coruñés ao Espiñedo

G24.gal 16/12/2023 13:46

Será un día de festa para o conxunto local e unha reválida para o técnico dos brancos e azuis. O Espiñedo vestirá as mellores galas para o derbi galego que se disputa o domingo e que será moi especial para o presidente Arximiro Marnotes.

"Ilusión témola toda. Recibir a todo un Dépor na mesma categoría, un lugar humilde, estará cheo. O campo estará mellor que nas últimas ocasións. Non é o tapete de Riazor, pero sempre digo que o mellor campo desta categoría é o noso. É o terreo que desfrutamos e sufrimos cada quince días. Ten o aliciente que é o primeiro derbi nesta categoría no Espiñedo. A xente lembra o Superdepor. Dende logo no ano 2020 non entraba nos nosos plans. Eu gocei dos éxitos do Deportivo. O meu corazón foi branco e azul, estudeu na Coruña, estiven nos grandes acontecementos do club. Na miña vida pensei que collendo a presidencia do meu pobo que se me daría a circunstancia de que me enfrontaría en partido oficial ao Deportivo. Eu pídolles aos afeccionados que teñan a paciencia que veñen a un campo humilde e que estamos poñendo todo o que podemos para que os afeccionados e o deportivismo se sinta cómodo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade