Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maridaxe de gastronomía, enoloxía e mergullo nun restaurante de Fisterra

Maridaxe de gastronomía, enoloxía e mergullo nun restaurante de Fisterra

No restaurante La Bayonnaise os viños avellentan no fondo da ría

 

G24.gal 08/08/2022 16:46

Imponse en Galicia a tendencia das adegas submarinas para avellentar o viño. Pero a iniciativa que puxeron en marcha a modo de proba Alicia e Gonzalo en Fisterra, ten ademais outro ingrediente singular: van maridar enoloxía con mergullo.

Alicia e Gonzalo rexentan o restaurante La Bayonnaise en Fisterra desde hai 6 anos. Pero ambos comparten outra paixón: o mergullo.

De feito Alicia traballou como instrutora 20 anos. E agora decidiron emprender unha innovadora iniciativa que marida gastronomía, enoloxía e mergullo.

A idea está en fase de probas. O primeiro foi mergullar diferentes tipos de viños galegos no casco dun barco afundido na ría de Corcubión. Alí estarán 6 meses avellentando. 

A finais de ano recollerán esta primeira colleita e catarana. Se todo vai ben o próximo ano estará en marcha na Bayonnaise, a maridaxe de mergullo e enoloxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar