Cargando resultados...
María José Sáenz de Buruaga, do PP, investida presidenta de Cantabria
A candidata popular obtivo a confianza do parlamento na segunda votación
O partido de Revilla abstívose e PSOE e Vox votaron en contra

G24.gal
03/07/2023 20:33
Última actualización 03/07/2023 20:59
O Parlamento cántabro escolleu este luns a súa presidenta do Goberno rexional. María José Sáenz de Buruaga é a primeira muller que preside Cantabria.
A popular foi investida presidenta en segunda votación, en queacadou a maioría simple necesaria tras recibir os votos do seu partido e a abstención do partido de Revilla, o presidente saínte. Os socialistas e mais Vox votaron en contra.