Publicador de contidos
Publicador de contidos

María del Monte declara polo roubo na súa casa despois da detención do seu sobriño

María del Monte declara polo roubo na súa casa despois da detención do seu sobriño

María del Monte e a súa parella, Inmaculada Casal, declaran en calidade de prexudicadas

G24.gal 16/02/2024 14:32

María del Monte e a súa parella, Inmaculada Casal, declaran no xulgado polo asalto violento que sufriron na súa casa o pasado 25 de agosto. Fixérono en calidade de prexudicadas ante o xuíz que investiga a banda que, presuntamente, entrou na súa vivenda. Entre os detidos está o sobriño da cantante, Antonio Tejado. 

"Confiamos na xustiza e presunción de inocencia, porque isto non é máis que unha investigación que se está realizando para descubrir que é o que ocorreu esa noite", dixo a cantante á entrada do xulgado de Sevilla.

María del Monte reviviu ante o xuíz o que pasou esa noite. "Estamos tranquilas porque non vimos a nada máis que a contar o que nos pasou. Que foi algo moi moi grave. Intentas ir esquecendo todos os episodios desagradables e agora mesmo revivir todo isto para nós é moi duro", engadiu María del Monte.

Canda Inmaculada Casal tamén declararon ante o xuíz a súa filla e o xenro. Todos estaban na casa a noite en que varios encapuchados entraron na vivenda, e despois de amordazalos e ameazalos fixéronse con cartos e xoias por máis de 600.000 euros.

A investigación apunta a Antonio Tejado como presunto autor intelectual do roubo. Está en prisión preventiva desde que foi detido hai unha semana xunto outras cinco persoas acusadas de pertenza a banda criminal e roubos con violencia en vivendas, unha delas, a da cantante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade