Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marea de solidariedade en Valencia

Marea de solidariedade en Valencia

Os veciños recollen roupa, alimentos e útiles para os afectados polo incendio

G24.gal 23/02/2024 13:17

Dende o primeiro minuto os veciños da zona lanzáronse á rúa con mantas e abrigos para arroupar os desaloxados polo incendio. Ao ver as dimensións do drama, a axuda organizouse a través do boca a boca e das redes sociais.

Recollen roupa, calzado, alimentos. Os afectados perderon todas as súas pertenzas no incendio, en moitos casos incluída a documentación. Analizan as necesidades que poden incluír berces ou carriños de bebés. Buscan dar resposta rápida ás primeiras necesidades materiais dos desaloxados.

As comisións falleiras, asociacións de veciños e mesmo empresas ofrecen a súa axuda e mesmo espazos para almacenar todo o que reciben.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar