Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marcha solidaria para promover a doazón de medula e sangue do cordón umbilical

Marcha solidaria para promover a doazón de medula e sangue do cordón umbilical

Unhas seiscentas persoas percorreron os 36 quilómetros entre Vigo e Pontevedra para sensibilizar sobre as enfermidades do sangue

Chegada á meta en Pontevedra
G24.gal 05/06/2022 21:28

Pontevedra acolleu este domingo a marcha solidaria "700 camisetas contra a leucemia". Unhas seiscentas persoas percorreron os 36 quilómetros entre Vigo e Pontevedra para sensibilizar sobre as enfermidades do sangue e o necesario que é un xesto altruísta como o da doazón.

Neste caso, conciencian da necesidade de incrementar o rexistro de doantes de medula e sangue do cordón umbilical. E os requisitos son doados: ter saúde, entre 18 e 40 anos e ganas de axudar a outras persoas.

"Queremos sensibilizar a poboación sobre a necesidade de que aumenten os doadores de medula porque é un tipo de doazón que non é tan coñecido e necesita difusión e nós con este evento, que xa levamos trece anos, intentamos facelo e axudar a persoas como Lucía", explica David Gil, presidente da asociación FRANGIL contra a leucemia.

"Agora podo dicir que levo comigo a miña irmá sempre, que me deu a vida outra vez. Renacín despois do transplante de medula", asegura Lucía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade