Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maquinaria pesada empeza a traballar para derrubar as torres do Garañón en Lugo

Maquinaria pesada empeza a traballar para derrubar as torres do Garañón en Lugo

A empresa adxudicataria dispón de 120 días para executar os traballos de derruba

G24.gal 06/06/2023 12:18

A maquinaria pesada desprazada pola empresa concesionaria comezou xa a traballar na leira do Garañón, na cidade de Lugo, para proceder á derruba das dúas torres e dar cumprimento así ao mandato xudicial que obriga a repoñer a parcela ao seu estado orixinal.

A empresa adxudicataria dispón de 120 días para executar os traballos de derruba. Previamente, tivo que realizar un levantamento topográfico para planificar as tarefas.

“Traballamos moito para chegar a este día", dixo a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o día que asinou o acto de reformulo para o inicio destes traballos.

“O traballo foi longo, complexo e arduo, desde que no ano 2017 tomamos a decisión de non recorrer” a sentenza xudicial que obriga á demolición das torres e á reposición da parcela, situada nas costas do Parque de Rosalía de Castro, ao seu estado orixinal", engadiu.

Durante a execución deses traballos, o Concello exercerá un seguimento dos mesmos, cunha periodicidade mínima de 15 días, para “controlar os progresos” da empresa concesionaria.

Méndez expresaba a súa “satisfacción por seguir avanzando con firmeza na determinación adoptada”, á vez que puxo en valor o traballo desenvolvido pola Área de Sostibilidade Urbana para proceder á derruba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade