Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mantense a alerta por temperaturas altas no interior de Galicia

Mantense a alerta por temperaturas altas no interior de Galicia

En Ribas de Sil rexistrouse a máis alta, con 39,6 graos

Mañá Ourense andará polos 40 graos

G24.gal 16/07/2022 20:48

Coa calor batendo récords, saír á rúa convértese nunha misión difícil de cumprir.

Aínda que os termómetros na rúa marcan máis grados dos reais, a temperatura continúa sendo elevada. 

O concello lucense de Ribas de Sil volveu rexistrar a temperatura máis alta de Galicia, ás cinco da tarde, con 39,6 graos. Por enriba dos 39 tamén estiveron hoxe Vilamartín de Valdeorras e Verín.

Temperaturas que manteñen en alerta amarela o centro de Lugo e a montaña de Ourense, que se converte en laranxa no sur de ámbalas dúas provincias.

Este domingo a vaga de calor aínda deixará temperaturas por encima de 36 graos no interior de Galicia. É o caso de Ribadavia, onde pertencen estas imaxes, ou Ourense, onde os termómetros mañá poderían chegar aos 41 graos. 

A vaga de calor comeza remitir xa ao entrar a semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar