Cargando resultados...
Manifestación na Coruña para pedir máis seguridade e presenza policial
Os veciños de sete barrios xuntáronse para protestar
G24.gal
23/08/2023 21:30
Última actualización 23/08/2023 21:36
Manifestación este mércores na Coruña para pedir máis seguridade e presenza policial. Os veciños de sete barrios xuntáronse para protestar por un problema que vai a máis na cidade.
Fixérono ás portas do antigo Club Financeiro, unhas instalacións polas que pasaron numerosos ocupas e que sufriron varios incendios e saqueos.
Denuncian ademais continuos roubos en comercios e coches. Levan dous meses recollendo sinaturas para pedir máis seguridade e máis presenza policial.