Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este xoves comeza o prazo de matrícula nas escolas infantís autonómicas

Este xoves comeza o prazo de matrícula nas escolas infantís autonómicas

Os menores poderán asistir de balde durante oito horas diarias once meses ao ano

Escola infantil Escola infantil
G24.gal 31/05/2023 21:41 Última actualización 31/05/2023 22:44

Este xoves comeza o prazo para formalizar a matrícula das escolas infantís públicas autonómicas.  Estará aberto ata o vindeiro 14 de xuño.

As familias deberán presentar o impreso cuberto xunto a unha copia da cartilla de vacinación do cativo.

Poderán facelo no centro en que obtiveron a praza ou ben a través da sede electronica da Xunta. O inicio do curso para o vindeiro ano nos centros de 0 a 3 anos está previsto para o 5 de setembro.

Para este curso, 2023-2024, a atención educativa volverá ser gratuíta, tanto nas escolas infantís públicas autonómicas, coma nas municipais, as de iniciativa social e a grande maioría das privadas.

Os menores poderán asistir sen pago mensual un máximo de oito horas diarias e durante un máximo de once meses ao ano. O listado definitivo de admitidos nos máis de 170 centros poderá consultarse na páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade