Publicador de contidos
Publicador de contidos

Man tendida da ministra da Seguridade Social ás reclamacións das mulleres da pesca

Man tendida da ministra da Seguridade Social ás reclamacións das mulleres da pesca

Elma Saiz reuniuse cun grupo de mariscadoras na praia de Barraña

Asistiu á presentación do Mapa das mulleres da pesca organizada por ANMUPESCA

Elma Saiz, na praia de Barraña cun grupo de mariscadoras
G24.gal 03/02/2024 14:13 Última actualización 03/02/2024 15:41

A Ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, está en Boiro para participar na presentación do Mapa das mulleres da pesca na Coruña, organizada por ANMUPESCA.

O mapa das mulleres da pesca é unha iniciativa pioneira que permite coñecer a dimensión da presenza das mulleres na cadea de valor desta actividade.

Previamente, a ministra reuniuse cun grupo de mariscadoras na praia de Barraña. Saiz destacou os avances na situación das traballadoras do mar, e especialmente a lei de pesca sostible do ano pasado, que facilita a xubilación anticipada de mariscadoras e redeiras.

"Man tendida absoluta ás súas reivindicacións, escoita activa. Vou ter ocasión de compartir con elas e as reflexións, o que ten que ven con máis protección. Xa son 250 mulleres que se puideron xubilar anticipadamente sen mingua algunha, protexendo esa especial penosidade e dureza do traballo que fan, é un dos obxectivos da Seguridade Social, loitar contra a brecha de xénero".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos