Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malleira do Baxi Ferrol ao Benfica (109-58)

Malleira do Baxi Ferrol ao Benfica (109-58)

Cuarta vitoria en catro xornadas para as de Lino López na Eurocup

O parcial de 24-6 no primeiro cuarto rachou o partido a favor das departamentais

@UniFerrol
G24.gal 29/10/2025 21:00 Última actualización 30/10/2025 11:18

O Uni Ferrol segue avanzando con paso firme o seu periplo na Eurocup tras avasalar o Benfica no partido correspondente a cuarta xornada da fase de grupos. Foi un encontro sen historia. Xa desde o inicio do mesmo pisou o acelerador o equipo ferrolán que chegou ao remate do primeiro cuarto cunha vantaxe de 14 puntos (20-6).

No segundo período as de Lino López seguiron co seu ritmo anotador, en especial Daniels e Melia, e a comodidade do partido fixo que Lino López puidese dar minutos antes do descanso a todas as súas xogadoras, incluídas as canteiráns Irene Somorrostro e Elena Baldonedo. O 50–18 do descanso xa falaba ben as claras da superioridade local.

E no recomezo non trocou o guión do partido. A gran defensa do Uni e os seus ataques fluídos e dinámicos seguiron abrindo fenda no conxunto portugués rozando as diferenzas máximas os corenta puntos (80-41 ao remate do cuarto). O último parcial continuou sendo pouco máis cun paseo para o equipo ferrolán que acabou impoñéndose por 51 puntos (109-58).

Con este triunfo as de Lino López xa están clasificadas para a seguinte rolda. Falta por saber se como primeiras de grupo, como todo fai indicar, ou como segundas. O próximo mércores, nova cita, esta vez en Eslovaquia, ante o Ostrava.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade