Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malleira brutal a un grupo de mulleres nun restaurante da China

Malleira brutal a un grupo de mulleres nun restaurante da China

A policía chinesa detivo nove homes implicados no acoso e posterior agresión 

G24.gal 13/06/2022 12:26

As cámaras de seguridade dun restaurante chinés gravaron a malleira brutal que sufriron varias mulleres por parte dun grupo de homes. 

Os feitos aconteceron cando unha das mulleres que estaba comendo no local comezou a ser acosada por un home que, ao verse rexeitado, a emprendeu a golpes con ela.

A rapaza quixo defenderse, pero os amigos do agresor sumáronse á pelexa e golpeárona tamén a ela e outras tres mulleres que trataron de axudala.

Despois unha delas foi arrastrada polos pelos fóra do restaurante, onde os agresores a seguiron golpeando brutalmente. Dúas tiveron que ser hospitalizadas e hai nove homes detidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade