Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hai hostaleiros que se resisten a subir o prezo do menú do día, malia a inflación

Hai hostaleiros que se resisten a subir o prezo do menú do día, malia a inflación

Aínda é posible atopar ofertas de dous pratos por menos de dez euros 

Os que manteñen prezos aumentaron o volume de traballo e priman os clientes habituais

G24.gal 10/01/2023 15:20

Pese á suba dos custos Manuel decidiu manter a súa proposta de menú do día de dous pratos, a escoller entre cinco primeiros e cinco segundos, ao prezo de sempre: 9,5 euros con bebida, pan, sobremesa e café. No bar de José tamén optaron por seguir coa súa oferta de dous pratos, pan e auga por dez euros, sen renunciar aos ingredientes habituais, coma hoxe, que toca robaliza fresca. 

Tanto os hostaleiros coma os clientes son conscientes de que estas tarifas do menú do día xa non son moi habituais. O máis frecuente é atopalos por 12 ou 13 euros, como mínimo. Estes hostaleiros da Coruña son dos que optaron por resistir e apostar por outras estratexias para manter a rendibilidade. Manuel di que é grazas a aumentar o volume de traballo, gañando menos en cada menú, pero igual en conxunto e loitando cos provedores. José di que se reinventou xa coa pandemia traballando para os clientes de sempre. 

Non contan que a recente baixada do IVE dalgúns produtos lles vaia repercutir moito no negocio. A súa baza seguirá sendo fidelizar os clientes, tratándoos ben en todos os sentidos, prezo incluído.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade