Cargando resultados...
Malestar no celtismo polo prezo das entradas ante a Real
G24.gal
26/10/2021 15:31
Os prezos das entradas para ver a Real Sociedade van dos 30 euros de Gol aos 60 de Tribuna Baixa, dez euros máis que nos dous partidos anteriores, unha suba que a afección non entende.
Os seareiros demanda do club medidas contrarias, medidas que incentiven a asistencia de público. Ante o Sevilla acudiron a Balaídos algo máis de 10.500 espectadores sobre un aforo de 18.200.
Mellorar a xestión e o trato aos socios é outra das demandas do celtismo.
𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀𝐒 🎟️ Xa á venda as entradas para o partido ante a Real Sociedad.
— RC Celta (@RCCelta) October 22, 2021
Equipo e celtismo: XUNTOS en Abanca Balaídos!#CeltaRealSociedad #RCCelta