Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malestar en Ribeira polo avistamento de ratas a plena luz do día

Malestar en Ribeira polo avistamento de ratas a plena luz do día

Comerciantes e veciños quéixanse desde hai meses nas redes

O Concello explica que as imaxes son "froito das tarefas de desratización"

 

G24.gal 26/05/2025 14:17

Non é a primeira vez que as ratas se deixan ver por Ribeira, pero ultimamente os avistamentos foron a máis. E a paciencia dos veciños, a menos.

A peor parte lévana os comerciantes destas rúas peonís. A máis dun entráronlle as ratas no interior da tenda, e non queren volver repetir a experiencia.

Ante a alarma, o Concello emitiu un comunicado en que explica que estas imaxes son, precisamente, froito das tarefas de desratización activas na zona. Segundo explican, a normativa obriga a usar un anticoagulante inocuo para persoas e outros animais, que pode desorientar as ratas e facer que escapen polo sumidoiro.

No comunicado o Concello pide a colaboración cidadá para evitar a acumulación de lixo orgánico na rúa, especialmente fóra de hora de recollida, para evitar que as ratas saian atraídas polo cheiro e o problema vaia a máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar