Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 7.000 profesionais protexerán o monte galego na tempada de alto risco de incendio

Máis de 7.000 profesionais protexerán o monte galego na tempada de alto risco de incendio

O Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia coordinará as actuacións e os medios da Xunta e o Goberno central

No teléfono gratuíto 900 815 085 poden facer denuncias anónimas de actividades incendiarias

G24.gal 20/06/2022 14:24

Dende o un de xullo e polo menos ata o 30 de setembro actívase a tempada de alto risco de incendio en Galicia. Xunta e Goberno central despregan un dispositivo especial de loita contra o lume, con máis de 7.000 profesionais mobilizados. 

A eles súmanse 380 motobombas, 200 vehículos, medios aéreos e -como novidade- trinta drons de vixilancia. 

De coordinar as actuacións deses medios encargarase o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia, con representantes das administracións autonómica e central.

Refórzase tamén a loita contra os incendiarios. Ás forzas de seguridade súmase a unidade de investigación de Medio Rural, a UIFO, que xa realizou 242 dilixencias dende a súa creación o ano pasado.

Tamén se amplía a rede de videovixilancia forestal galega. Este ano súmanse seis novas cámaras, co que son xa case 150 en 74 localizacións, que cobren preto do 70 por cento do territorio. 

Ademais dos efectivos mobilizados, dende o Comité apelaron á colaboración cidadá para loitar contra o lume. Medio Rural lembra que poden avisar dun incendio chamando ao 085, e denunciar actividades incendiarias no número 900 815 085, anónimo e gratuíto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade