Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 600 persoas acoden ao encontro de palilleiras de Burela

Máis de 600 persoas acoden ao encontro de palilleiras de Burela

A xuntanza serviu para reivindicar a importancia deste traballo artesanal feito con palillos

A participante máis veterana, con 107 anos, compartiu afección co máis novo, un rapaz de onde

G24.gal 17/05/2025 16:26 Última actualización 17/05/2025 18:19

O encontro de palilleiras de Burela reúne máis de seiscentas persoas e pon de manifesto o poder de convocatoria que ten esta actividade. Comenta a presidenta da Asociación As Encaixeiras, Paqui Romo, que "as persoas que teñen inquietudes queren seguir experimentando".

É un xeito de actualizar coñecementos. Varias das mulleres asistentes manifestan que lles axuda a "despexar a cabeza, ves traballos novos, engancha e entretén moito".

O resultado son auténticas xoias en tea, únicas e artesanais, que non sempre reflicten o traballo que hai detrás. Algunhas palilleiras aprecian que cada vez hai máis "xente nova que se anima a empezar" para que non se perda esta arte.

En Burela, participan a palilleira máis vetarana, de 107 anos, e o rapaz máis novo, de 11. Di Hugo, que lle aprendeu a súa nai, mentres que a centenaria Isabel asegura que comezou palillar xa maior.

A arte dos palillos non entende de idades. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade