Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 50 toneladas de peixe amoréanse na lonxa da Coruña

Máis de 50 toneladas de peixe amoréanse na lonxa da Coruña

Os piquetes impiden que os camións transporten a mercadoría aos mercados nacionais

Catro toneladas de peixe, caducadas

G24.gal 18/03/2022 14:06

Catro das máis de 50 toneladas de peixe que se amorean nas cámaras frigoríficas desde comezos de semana xa están caducadas. Os piquetes, neste quinto día de paro do transporte, seguen á entrada do porto impedindo que os camións grandes transporten a mecadoría cara outros destinos galegos ou nacionais.

O pouco peixe que se poxa é o que se atopa nos mercados locais. Afecta tamén o amarre da frota. Calculan que entre o 80 e o 90 por cento das embarcacións xa están paradas. Por toda esta situación, din estar preocupados e indignados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade