Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios devoran máis de 4.300 hectáreas en Galicia, con tres núcleos de poboación ameazados

Os incendios devoran máis de 4.300 hectáreas en Galicia, con tres núcleos de poboación ameazados

En tres lumes en Folgoso do Courel xa se queimaron unhas 1.750 hectáreas

En dous deles continúa activada a situación 2, de maneira preventiva

G24.gal 16/07/2022 14:57 Última actualización 16/07/2022 15:11

En Galicia continuamos moi pendentes dos incendios que seguen activos. Actualmente hai contabilizados uns 9 incendios forestais activos de máis de 20 hectáreas, dos cales 7 están en tres concellos do Courel. En tres lumes en Folgoso do Courel xa se queimaron unhas 1.750 hectáreas, en dous deles continúa activada a situación 2, de maneira preventiva pola proximidade a vivendas.

Nestes momentos e cos datos actualizados da Consellería de Medio Rural hai contabilizados en toda Galicia uns 9 incendios forestais activos de máis de 20 hectáreas, dos cales 7 están en tres concellos do Courel: A Pobra de Brollón, Quiroga e Folgoso do Courel, que permanece a situación 2, de maneira preventiva, pola próximidade do lume a núcleos de poboación.

A gran maioría dos lumes actuais foron consecuencia do fenómeno meteorolóxico do xoves que orixinou máis de 6.000 raios e da situación de temperaturas extremas.

"Neste momento están traballando neses incendios de Lugo 220 efectivos do propio Servizo de Prevención e Extinción de Incendios de Galicia con 32 motobombas e a Unidade Militar de Emerxencias con 55 efectivos", di o conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez.

A montaña luguesa é por tanto arestora a zona que máis preocupa. No incendio de Folgoso do Courel xa se levan queimadas unhas 1.750 hectáreas.

"Hai que mandar unha mensaxe á cidadanía de máxima prudencia ante comportamentos que teñan que ter algunha consecuencia desde o punto de vista dos incendios, que utilicen os teléfonos 085 e o 900 815 085 que é gratuíto e confidencial", engade o conselleiro.

Tamén se continúa moi pendente dos lumes en Vilariño de Conso e Carballeda de Valdeorras que seguen activos. O incendio de Rodeiro xa se dá por controlado, O de Baiona dáse por extinguido, o de Ribadavia permanece estabilizado, o de Melón continúa controlado e o de Ribadavia permanece estabilizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade