Máis de 250 barcos participan no Encontro de Embarcacións Tradicionais de Ribeira
Proceden de Galicia, País Vasco, Mediterráneo, Irlanda, Bretaña, Portugal ou Chile
O porto de Ribeira é estes días o máis parecido a un museo vivo de estampas mariñeiras de tempos pasados, grazas ao Encontro de Embarcacións Tradicionais das que desfrutar e aprender.
"Tanto para desfrutalas como para coñecer a través delas toda a cultura mariñeira. Coido que podemos ser optimistas. Estanse recuperando algunhas tipoloxías, construíndo barcos, evitando que algúns pasen ao despezamento", di Pepe Sacao, presidente de Culturmar.
Máis de 250 barcos, algúns centenarios, de distintas tipoloxías e procedencias: Galicia, País Vasco, Mediterráneo, Irlanda, Bretaña, Portugal e Chile, con parecidos...
"Somos herdeiros de moita emigración galega. Por exemplo, o galeón, embarcación tradicional de Galicia que ten moitas similitudes cos barcos típicos da Patagonia do Sur como o chalupón guaitequero", explica Marco Tamayo. Coordinador da delegación chilena.
E tamén con algunhas diferenzas.
"No inverno o mar é moi agreste, rudo, e os pescadores a mediados do século XIX víronse forzados a procurar o peixe migrador como o sábalo, que soben o Texo. No mar non podían pescalo, no Texo si. Cómpre unha proa moi elevada e para regresar dunha popa tamén elevada, polo tanto teñen forma de media lúa", conta João Serrano. Vicepresidente da confraría ibérica do Texo.
Carpintería de ribeira e artes pesqueiras que son cultura universal.
"Representan a extensión das persoas a outros mares, a outros continentes. Hai moitísima cultura arredor dun simple barco de 4 metros", di Pepe Sacao. Presidente de Culturmar.
Barcos, exposicións, degustacións e actividades arredor da cultura e patrimonio pesqueiros que nos unen a outras latitudes. Unha paixón sustentada sobre a esencia mariñeira galega.