Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 15.000 familias, prexudicadas en Galicia polo ruído do ocio nocturno

Máis de 15.000 familias, prexudicadas en Galicia polo ruído do ocio nocturno

Tres asociacións de veciños poñen en marcha a Federación Galega contra a Contaminación Acústica e invitan a todas a integrarse nela

Imaxe de tres dos directivos da Federación Galega contra a Contaminación Acústica durante a presentación este xoves en Santiago
G24.gal 11/01/2024 13:52

Fonseca, de Santiago, Cimborrio, de Ourense, e Orzán Pescadería, da Coruña, son as asociacións de veciños impulsoras da Plataforma Galega contra a Contaminación Acústica. Acabar co ruído ocasionado polo ocio nocturno é o seu principal obxectivo, polos prexuízos que ocasiona no descanso e benestar de quen o sofren desde as súas vivendas.

Carlos Vence Lago, presidente da Federación Galega contra a Contaminación Acústica, di que
"detectamos que temos preto de 15.000 familias afectadas. Hai un montón de zonas de onde a xente ten que marchar. Estamos a falar de 15 familias, de momento".

Faltan datos dalgunhas localidades. A vida deses miles de persoas está alterada polo ruído que lles chega da rúa ou de locais de ocio que non cumpren a normativa e que están abertos toda a madrugada. Instan os gobernantes a que obriguen ao cumprimento da normativa.

"Os problemas que ocasiona a contaminación acústica afectan a saúde dos veciños e o dereito ao descanso. Tamén supón unha violación do domicilio, e por aí non podemos pasar", destaca Roberto Almuíña Díaz, tesoureiro da Federación Galega contra a Contaminación Acústica.

Chaman a que se integren nela máis asociacións veciñais para acabar coa agresión que o ruído en horas de descanso ocasiona no desenvolvemento vital de tantas persoas.

"Que saiban os políticos que hai miles de persoas padecendo problemas de saúde polo ruído que xera o ocio nocturno", afirma José Luis Méndez Campos, vicepresidente da nova federación.

Unha das medidas que consideran necesarias é que a Xunta modifique o decreto de horarios de ocio nocturno e os obrigue a pechar antes de luns a xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade