Máis de 15 provincias españolas en alerta por chuvia, vento e temporal no mar
En Sevilla agárdanse precipitacións acumuladas de ata 15 litros por metro cadrado nunha hora e mantense activada a alerta amarela, o igual que ocorre no Perineo oscense e catalán
En Sevilla, o ceo inusualmente cuberto sobre a Giralda e os paraugas abertos polas rúas, anticipaban a primeira hora unha xornada pasada por auga.
Na capital sevillana agárdanse precipitacións acumuladas de ata 15 litros por metro cadrado nunha hora e mantense activada a alerta amarela, o igual que ocorre no Pireneo oscense e catalán.
No norte de Estremadura e nas provincias de Salamanca e Ávila o nivel da alerta é laranxa xa que se agardan precipitacións acumuladas de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.
Con menos intensidade choverá sobre Madrid e outras zonas da Meseta e a de xeito máis esporádico farao en zonas da Comunidade Valenciana.
"Démonos de conta de repente tomando un café que comezaba a chover. E parécenos fatal porque pensabamos pasar un día solleiro".
"Pois estupendo, non. Nunca chove aquí, pois mira".
"Para a data en que estamos tería que ir máis frío. Pero ben, pero se chove benvida sexa a chuvia".
Nas Canarias, a intensas precipitacións caídas nas últimas 24 horas sobre ás illas occidentais poderíanse repetir agora nas máis orientais, principalmente Lanzarote e Fuerteventura.
Na Palma, a auga de chuvia ao entrar en contacto coas coadas do volcán Cumbre Vieja, aínda quentes baixo a superficie, formou estas fumaredas de vapor.