Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 146.000 consumidores usaron o Bono Peixe da Xunta

Máis de 146.000 consumidores usaron o Bono Peixe da Xunta

A primeira edición deste programa finalizou este xoves, con case 11 millóns de euros en vendas 

Imaxe de arquivo dunha peixería na Coruña (M. Dylan-Europa Press-Arquivo) Imaxe de arquivo dunha peixería na Coruña (M. Dylan-Europa Press-Arquivo)
G24.gal 10/10/2025 11:49

A primeira edición do programa do Bono Peixe da Xunta beneficiou máis de 146.000 consumidores. O bono, que expirou este xoves, xerou un impacto en vendas de case 11 millóns de euros.

Segundo explicou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, a finalización do programa débese a que se acabaron os 2,5 millóns de euros que o Executivo galego destinou a esta medida, que contou con 750 establecementos adheridos.

A conselleira desprazouse este venres ao mercado municipal de Lugo onde fixo un balance preliminar desta acción e remarcou a "gran acollida" desta iniciativa.

A Coruña e Pontevedra, as provincias onde máis pulo tivo o bono

Durante as máis de dez semanas en que estivo vixente o Bono Peixe, a provincia onde máis descargas producíronse foi na Coruña (100.000), seguida de Pontevedra (case 90.000), Lugo (22.000) e Ourense (21.000).

En canto ao número de establecementos adheridos, a provincia de Pontevedra liderou con 304, seguida da Coruña con 290, con Lugo e Ourense con 78 establecementos en cada unha delas.

En total participaron 233 operadores, dos que a gran maioría son establecementos retallistas (188), 26 hipermercados, 18 ambulantes e un grande almacén.

A conselleira sinalou que esta acción "serviu para confirmar de novo" o impacto do factor prezo nos hábitos de consumo dos produtos pesqueiros. Por iso volveu reclamarlle ao Estado a rebaixa do IVE do peixe, marisco e conservas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade