Publicador de contidos

Publicador de contidos

Madrid eleva a 30 os casos de varíola do mono e 15 máis sospeitosos

Madrid eleva a 30 os casos de varíola do mono e 15 máis sospeitosos

A maioría dos casos da varíola en Madrid están asociados a unha sauna

G24.gal 20/05/2022 16:03 Última actualización 20/05/2022 16:43

A Comunidade de Madrid suma 30 casos confirmados de vexigas do mono -con PCR de laboratorio- e outros 15 casos sospeitosos que están pendentes da proba de confirmación desta enfermidade, segundo fontes da Consellería de Sanidade.

Con todo, o Ministerio de Sanidade mantén que están confirmados definitivamente en España 7 casos e o resto -ata 23- son positivos de vexigas non humanas a falta de sencuenciar no Instituto Carlos III se son do mono.

Madrid identifica unha sauna da cidade como foco do gromo e esta previsto que interveña no local para controlar os contaxios.

Mentres, a Comunidade solicítalle ao Goberno a distribución da vacina canto antes 

"Estamos analizando, estamos valorando a viabilidade, a efectividade para os casos e, sobre todo, a dispoñibilidade dos mesmos", asegura Carolina Darías, ministra de Sanidade.

Galicia, sen casos, polo momento, únese á petición da Comunidade de Madrid.

"Se houbese algún caso sospeitoso en Galicia que logo se confirmase, poder administrala se realmente é unha arma terapéutica importante como parece que é", afirma Xulio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

A varíola do mono é endémica en África, pero xa puxo en alerta as autoridades sanitarias de todo o mundo. Detectáronse gromos en diferentes países de Europa e América do Norte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade