Publicador de contidos

A gastronomía protagoniza o Xantar Ourense con máis dun cento de actividades

A gastronomía protagoniza o Xantar Ourense con máis dun cento de actividades

Participan 160 expositores de catro países

O evento vai durar ata o domingo

G24.gal 04/11/2021 20:05

Xa está en marcha en Ourense o salón Xantar. Menús, embutidos, doces, viños, queixos...a oferta deste ano volve ser do máis amplo. A pandemia restrinxiu a participación estranxeira no evento, pero, aínda así, pódense degustar todo tipo de manxares portugueses e outros tan remotos como os chegados dende O Perú.

As conservas tamén teñen un papel relevante no Xantar así como os apeiros e complementos necesarios para a elaboración de todo tipo de pratos. E é que o evento serve sobre todo para coñecer e para darse a coñecer. Por iso tamén abondan os postos de promoción turística.

Así que, se queren desfrutar da mellor gastronomía e mesmo ver os profesionais da cociña traballando, teñen unha cita no Xantar en Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar