Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 250.000 persoas xa recibiron a vacina da gripe en Galicia

Máis de 250.000 persoas xa recibiron a vacina da gripe en Galicia

A campaña, que se desenvolve de xeito secuencial, vaise estender ata finais de decembro

G24.gal 06/11/2021 12:59

Un total de 253.076 persoas xa se vacinaron contra a gripe en Galicia dende o inicio da campaña que comezou o pasado día 18 de outubro e que se vai estender ata finais de decembro.

A maior parte das doses foron para persoas de 65 ou máis anos, en concreto 220.622, acadando unha cobertura do 31,79 %. O resto das vacinas administrouse a persoal  de centros sanitarios e de residencias da terceira idade.

Como principal novidade, por primeira vez este ano, e para mellorar a xestión, a vacinación está a se facer de xeito secuencial.

Nunha segunda fase, dende o 15 de novembro, será a quenda das persoas de 60 a 64 anos, maiores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e prematuros de ata 2 anos e persoal de servizos esenciais e farmacias.

Dende o 29 de novembro continuarase co resto da poboación diana sen vacinar e conviventes con persoas de risco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade