Cargando resultados...
Luz verde a 3.000 millóns de euros para o plan estratéxico do vehículo eléctrico
O plan permitirá modernizar a cadea de produción da industria automobilística española

G24.gal
23/12/2021 14:51
O Goberno dá luz verde ao proxecto estratéxico para o vehículo eléctrico e conectado. Trátase dun dos piares do plan de recuperación e vai supoñer axudas por valor de 3.000 millóns de euros. O obxectivo: transformar e modernizar a cadea de produción da industria automobilística.
A electrificación das factorías, a construción dunha gran planta de baterías ou o desenvolvemento de infraestruturas de carga eléctrica son os principais proxectos previstos.