Cargando resultados...
Luis Rubiales: "A Primeira Federación naceu como algo experimental"
Foi claro sobre o control económico dos equipos: "Non imos seguir poñendo 20 millóns cada ano para que sexa deficitaria"
G24.gal
14/02/2023 12:47
Última actualización 14/02/2023 12:54
Nunha entrevista en Europa Press Tv, o presidente da RFEF, Luis Rubiales. analizou o futuro da Primeira Federación.
Isto é o que di sobre o seu nacemento:
"Se hai alarma é porque alguén quere vendelo así. A 1ª Fed. naceu como algo experimental dende a fundación. Se non funciona ben, en 2, 3, 4 anos volvemos ao modelo anterior".
Tamén se referiu ao control económico dos equipos:
"Non imos seguir poñendo 20 millóns cada ano para que sexa deficitaria. Temos que exercer unha supervisión".
"É falso que 20 clubs estean contra o control económico, a maioría está a favor".