Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Perea: "Non vexo un vestiario dividido e iso dáme tranquilidade"

Luis Perea: "Non vexo un vestiario dividido e iso dáme tranquilidade"

O madrileño regresou ao once tras dúas semanas de parada

G24.gal 03/10/2024 17:09 Última actualización 03/10/2024 17:19

Luis Perea teno moi claro

"Unha vitoria vai quitar a todos un peso de encima pero está claro que non caen do ceo. O máis importante é namorarnos un pouco do que é o proceso. Ir cada día para adestrarse con ilusión, xerar positividade entre nós".

O madrileño regresou ao once tras dúas semanas de parada por molestias e  lonxe da imaxe de mediocentro con chegada das primeiras xornadas foi unha sombra de si mesmo na derrota do Rácing en Córdoba.

"Tiven que parar un par de partidos porque tiña molestias no isquio. Non é ningunha escusa. Son o primeiro que me miro o embigo cando xogo. Os primeiros partidos afronteinos con moita ilusión. Son consciente do meu nivel e está claro que non me atopei", asumía sobre a pobre imaxe que ofreceu en Córdoba

Tamén se referiu ás mensaxes de Carlos Mouriz.

 "Non vexo un vestiario dividido e iso dáme tranquilidade. Hai actitude e ganas de sacalo adiante", insistiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade