Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis de la Fuente sobre Aspas: "Para min, fixo un traballo fantástico. Teño que felicitalo"

Luis de la Fuente sobre Aspas: "Para min, fixo un traballo fantástico. Teño que felicitalo"

Preguntáronlle se pode permitirse deixar no banco a Joselu: "Por suposto. Mentres eu tome a decisión, por suposto"

Foto @SEFutbol
G24.gal 27/03/2023 18:57 Última actualización 27/03/2023 19:25

Última sesión de adestramento da selección española antes do partido de mañá ante Escocia. Na conferencia de prensa, o seleccionador Luis de la Fuente falou da actuación de Iago Aspas ante Noruega:

"Estou contento, creo que nos deu saídas, quizais nos faltou atopalo no primeiro tempo. Para min, fixo un traballo fantástico. Teño que felicitalo, estou encantado con el e a súa actitude"

Preguntáronlle tamén se pode permitirse deixar no banco a Joselu despois dos dous goles que marcou ante os noruegueses:

"Por suposto. Mentres eu tome a decisión, por suposto"

O seleccionador está moi satisfeito co visto ata agora: 

"Hai moitos aspectos positivos tendo en conta que só adestramos 5 días"

O seleccionador español, eloxiou o nivel do seu próximo rival, Escocia, na fase clasificatoria da Eurocopa 2024 e destacou que o fútbol escocés "evolucionou moito" nos últimos anos, como o demostran os seus xogadores, que compiten en grandes equipos:"

"A evolución (de Escocia) dana os propios xogadores, a cantidade de futbolistas que xogan en diferentes ligas ao máximo nivel e iso demostra o seu nivel competitivo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos