Cargando resultados...
Luis Casimiro ponse a 800 no Granada-Breogán desta tarde (18:00h)
O equipo lugués busca a oitava vitoria contra o pechacancelas da Liga
G24.gal
31/01/2026 12:52
Luis Casimiro quere unha segunda volta como a primeira. O paso do ecuador na temporada serve para refrescar ideas. Para repetir o nivel baloncestístico que lle deu xa sete vitorias ao equipo lucense.
O rival é o cabeiro, Un Granada que só puido gañar un partido en 17 xornadas. Os datos cunducen a un favoritismo galego pero nin moito menos o rival está afundido. As última vitorias fóronselle por ben pouco e serve tamen lembrar o precedente da tempoarada pasada. Nunha situación parecida, unGranada con mais fame e intensidade obtivera un triunfo claro.
O de hoxe é un día máis que especial para Casimiro. 800 partidos en ACB. Unha lenda.