Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Casimiro está moi satisfeito cun Breogán "moi equilibrado con xogadores de nivel"

Luis Casimiro está moi satisfeito cun Breogán "moi equilibrado con xogadores de nivel"

A segunda parada da precampaña chega coa disputa da Copa Galicia esta fin de semana na Coruña

Foto Breogán
G24.gal 04/09/2025 15:42 Última actualización 04/09/2025 15:46

É hora de dar un paso adiante. Luis Casimiro non agocha a súa satisfacción coas seis incorporacións realizadas. Albisca un Breogán máis completo.

"É un equipo moi equilibrado con xogadores de nivel".

Sobresae a figura do croata Danko Vrankovic. Os seus 2.17 dotan o equipo de máis poder intimidador.

"Ter un 7 pés, como din os americanos, achega presenza. Temos que sacarlle todo o bo que ten".

A estrea, fronte o Porto, deixou boas sensacións. Pero alén das individualidades, Casimiro prioriza o colectivo.

A segunda parada da precampaña chega coa disputa da Copa Galicia esta fin de semana na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar