Cargando resultados...
Lugo convértese esta fin de semana na capital canina estatal
Case 1.600 cans participan en probas de beleza e agility
G24.gal
17/01/2026 14:48
Última actualización 17/01/2026 15:27
Case 1.600 cans de 140 razas diferentes participan esta fin de semana en Lugo nas probas que se celebran de beleza e de agility, acollidas nas instalacións do Pazo de Congresos.
Nunha das salas celébrase a 115 e 116 Exposición Nacional Canina e a 52 Exposición Internacional Canina, as tres pertencentes ás probas de beleza. Noutro das estancias celébranse as probas de agility nas tres alturas clasificatorias.
Este evento supón un sopro de aire económico para a hostalería e a restauración lucenses en plena costa de xaneiro.