Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo, cheo de visitantes no remate do San Froilán

Lugo, cheo de visitantes no remate do San Froilán

O tempo e as ganas de troula encheron a cidade

As casetas do polbo permanecerán ata fin de mes

G24.gal 12/10/2022 19:23 Última actualización 12/10/2022 20:28

O día que remata o San Froilán foi un dos máis concorridos tamén por ser festivo en toda España. As rúas García Portela, Puro Cora e Rodríguez Mourelo estiveron invadidas por milleiros de visitantes que querían desfrutar desta derradeira xornada festiva.

As barracas e atraccións non deron abasto durante todo o día.

O tempo foi o grande aliado desta edición do San Froilán, xa que só choveu un día e o termómetro non baixou dos 14 graos en todas as festas.

O polbo volveu ser o grande protagonista, e ademais de no recinto feiral, houbo abondoso público nos concertos, mostras de produtos e artesanía e actuacións por toda a cidade. 

O San Froilán despídese ata o ano que vén, pero mañá aínda permanecerán abertas as barracas do recinto feiral con prezos reducidos para os máis cativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade